O CONCELLO CONVOCA ÁS PANADERÍAS LOCAIS CARA Á ORGANIZACIÓN DA FESTA DO PAN, QUE SERÁ A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE SETEMBRO

Neda, 7 de agosto de 2017. O Concello de Neda convoca ás panaderías da localidade a unha reunión que terá lugar mañá, ás oito da tarde, na Casa das Palmeiras. A organización da Festa do Pan, que será o día 3 de setembro, é o motivo dunha cita á que o goberno invita a participar ao maior número de negocios posible.
 
Esta semana o executivo local tamén tomará unha decisión con respecto á contratación da empresa que se fará cargo da montaxe e mesmo tamén da degustación que envolve a celebración da festa de exhaltación do pan de Neda. Un total de catro empresas teñen presentado ofertas. O importe do contrato supera os 17.900 euros.
 
A Festa do Pan representa para a localidade un bo escaparate para darse a coñecer máis aló da contorna. O programa terá como anticipo a Ruta do Pincho, que será os días 18, 19, 20 25, 26 e 27 de agosto, para despois desenvolverse ao longo da primeira fin de semana de setembro. O Festival Noite de Bolos, coa actuación da cantante SES, e a degustación do produto que máis sona do municipio, entre outros atractivos, son algúns dos moitos alicientes dunha cita gastronómica e mesmo cultural que se vén celebrando en Neda desde hai vinte catro anos.