Novas


O Concello de Neda deséxalles un Bo Nadal e un próspero 2017



Merenda de Nadal para a terceira idade o día 3 de Xaneiro, invitacións xa dispoñibles.

Xa está preparada a merenda de Nadal para a terceira idade.
Importante: É preciso retirar as invitacións na casa do concello antes do 30 de Decembro.
Maiores residentes en Neda: Gratis.



O Concello de Neda presenta o seu programa "Nadal en Familia ou en Nadal, Familia."



Sábado 17 de decembro ás 19.30 h na Casa da Cultura. X CONCERTO DE NADAL. Coa participación da Agrupación Lucero del Alba e o Dúo de Corda de Mijail Moriatov.

Sábado 17 de decembro ás 19.30 h na Casa da Cultura. X CONCERTO DE NADAL. Coa participación da Agrupación Lucero del Alba e o Dúo de Corda de Mijail Moriatov.
Entrada gratuita. Retirada de convites (dous por persoa) a partir do martes 13 na Casa da Cultura.



O CONCELLO DE NEDA EDITA UN BOLETÍN INFORMATIVO BIMESTRAL CO TÍTULO “NEDA NO CAMIÑO”

“Neda no Camiño” é o nome do boletín que a partir de agora levará a actualidade do municipio ao conxunto da veciñanza. É unha iniciativa do Concello de Neda para mellorar a comunicación entre a administración e os administrados. Trátase dunha publicación bimestral, modesta pero ambiciosa por canto quere ser eficaz e adecuada para facer chegar aos habitantes do municipio os acordos e proxectos que lles afectan e para conseguir, do mismo xeito, que esa corrente se produza tamén en sentido contrario.


O boletín servirá para informar das obras e servizos municipais así como das iniciativas que nacen das entidades e dos éxitos do deporte local.


Neste primeiro número teñen espazo propio as medidas do executivo local dirixidas ás persoas, a inversión en materia de infraestruturas, o compromiso do equipo de goberno por darlle continuidade ao ARI e o proxecto que garantiza o futuro da zona dos Subarreiros. Coa contraportada réndese homenaxe aos voluntarios de Protección Civil.

O boletín está dispoñible para os veciños de Neda en diferentes puntos, incluida a Casa consistorial.

Tamén se pode descargar no seguinte enlace.

Descargar Boletín


<<  Anterior  | 96  | 97  | 98  | 99  | 100  | Seguinte  >>