Novas


Cursos de Inglés básico para hostelaría autónomos e pymese curso de preparación do certificado B1

El Concello de Neda pon en marcha novos cursos dirixidos a hostelería en especial e una preparación do certificado B1 para mellorar as oportunidades dos demandantes de emprego.

Toda a información dispoñible aquí:

CARTEL CURSOS DE INGLES

MEMORIA RESUMIDA

SOLICITUD DE INSCRIPCION EN LOS CURSOS DE INGLES 2017

Para a inscripción pódese pasar pola casa do concello en horario de oficina.



Os Reis Magos confirman a súa asistencia a Neda o día 5



NADAL EN FAMILIA. Martes 27 de decembro ás 18.00 h na Casa da cultura. Proxeción da longametraxe de animación HOLY NIGHT!

 NADAL EN FAMILIA.

Martes 27 de decembro ás 18.00 h na Casa da cultura.
Proxeción da longametraxe de animación HOLY NIGHT!
Noche ¿de Paz?. De Manolo Gómez Santos.
Nominada aos Goya 2016 como Mellor película de animación.
Entrada de balde. Público familiar.

 



Chegan as "XORNEDAS"

As Xornedas son as Xornadas de Rol, simulación e estratexia da A.C.Novotebeo e o  Concello de Neda. Có patrocinio do Concello, estamos a organizar unhas xornadas dun día, nas que poderedes participar en múltiples actividades, divertidas e amenas.
 
¿Onde? Na Casa da Cultura de Neda. Rúa Algeciras 61
¿Cando? O día 8 de Xaneiro, de 10:30 a 14:00 e 16:00 a 21:00
 
A continuación presentámosvos os formularios de participación nos eventos programados. Para apuntarte a algo, só tes que completar o formulario cos teus datos, axudarasnos moito a preveer as necesidades organizativas para poder atendervos a todos e todas. Todas as actividades son GRÁTIS. Novotebeo como asociación que organiza a actividade, nestes casos convida aos participantes a colaborar con algún alimento para as persoas que peor o están pasando do concello patrocinador.   Non é obrigatorio, pero si un detalle se o facedes.
 
ACTIVIDADES
 
PARTIDAS DE ROL. ¿Querer xogar ao rol, e interpretar unha persoaxe coma si unha obra de teatro de final incerto se tratara? Eso son os xogos de rol, teatro ao redor dunha mesa, moitas veces ambientado en mundos fantásticos, coma o do Señor dos Aneis, nun futuro ciberpunk, no pasado medieval, etc. Se queres xogar ao rol con nós, completa o seguinte formulario e meterémoste nunha das partidas que pronto iremos anunciando.
Formulario participación: http://ow.ly/5mcD307jNXc
 
XOGOS DE MESA. Teremos unha mesa para probar xogos de mesa, algúns deles para os máis pequenos, así que traede os nenos para que pasen un rato divertido. Apuntádevos no formulario.
Formulario participación: http://ow.ly/5mcD307jNXc
 
 
PARTIDAS DE DEMOSTRACIÓN DE BLOODBOWL. O xogo de rugby con miniaturas fantásticas, orcos, homes, homes largato, ogros...un xogo muy divertido onde poderedes levar o voso equipo de monstros toliños por gañar o partido. Apuntádevos á demo.
Formulario participación: http://ow.ly/5mcD307jNXc
 
PARTIDAS DE DEMOSTRACIÓN DE MAGIC. Teremos unha persoa ensinándovos a xogar ao magic e ademáis darémosvos un mazo de xogo de balde para que probedes e xoguedes cos vosos amigos e amigas.
Formulario participación: http://ow.ly/5mcD307jNXc
 
TORNEO DE X-WING. O xogo de naves onde podedes pilotar as naves do universo de StarWars. No formulario podes apuntarte a este torneo e ver os agasallos e sorteos preparados para os participantes.
Formulario participación: http://ow.ly/cMBL307ke1D
 
TORNEO DE MAGIC. O xogo de cartas máis famoso de mundo tamén nas Xornedas. Torneo con agasallos para os participantes. No formulario todos os datos.
Formulario participación: http://ow.ly/lPni307ke4e
 
TALLERES XAPONESES DE YUTNORI E KOINOBORI. Da man da Asociación Gaikai, presentámosvos estes divertidos talleres onde ademáis de participar, poderedes levarvos un recordo destes talleres manuais para todas as idades. No formulario explicámosvos de que van os talleres e como apuntarvos.
Formulario participación: https://goo.gl/forms/ALyUDYkc2zwFhEuy1
 
 
PARTIDA DE ROL EN VIVO: ALIEN. Da man dos/as colegas de Brumas Estixias, propoñémosvos participar neste Rol en vivo baseado no mundo de Alien. Prazas muy limitadas, para este evento especial que vos explicamos no formulario.
Formulario participación: http://ow.ly/FmVN307keaP
 
TALLER DE PINTADO DE MINIATURAS. Adicaremos un espazo das Xornedas a ensinarte a pintar miniaturas se te acercas por aquí. Non tes que traer nada, nos poñemos todos os materiais. Só tes que traer contigo a túa vontade de pasalo ben e aprender.
Formulario de participación: http://ow.ly/5mcD307jNXc
 
COLABOURAS. ¿Queres colaborar con nós nas XorNedaS facendo unha partida de rol, unha demo ou outra cousa? Completa o seguinte formulario para dar cabida á túa actividade.
Formulario colaboración: http://ow.ly/N6mG307kef9
 
Principalmente maiores de 14 anos pero haberá tamen xogos para nenos de 5 anos en diante.
 
¡Vémonos nas XorNedaS!


Festa de Nadal "O Roxal" 2016 23 de Decembro


<<  Anterior  | 96  | 97  | 98  | 99  | 100  | Seguinte  >>