Novas


NEDA RECORDA A REVOLTA POPULAR DE MARZO DO 1918 CUNHA CHARLA E A INSTALACIÓN DUNHA PLACA NO MONUMENTO ÁS PANADEIRAS



Neda, 22 de xaneiro de 2018.- O Concello de Neda, a través da Concellería de Cultura, colabora coa Asociación Revolta Popular de Marzo de 1918 na organización de actos conmemorativos da loita que as mulleres da comarca protagonizaron, hai agora 100 anos, polos seus dereitos como clase traballadora.
Esta programación dará comezo o mércores, día 24, coa celebración dunha conferencia na Casa das Palmeiras. Será ás oito da tarde e tomarán parte na mesma Laura Tato, profesora da Universidade da Coruña, e Ángel Rial, membro da Comisión Revolta Popular de Marzo de 1918. O domingo desa mesma semana, o día 28 de xaneiro, a actividade consistirá na colocación dunha placa conmemorativa no monumento dedicado ás panadeiras, que será ás 11.00 horas, e un concerto, ás 12.30 horas, na Casa das Palmeiras, a cargo de Sofía Espiñeiro. Tamén está prevista, para máis adiante, a realización dun mural no peche exterior do IES Fernando Esquío. O artista Leandro Lamas será o encargado de executar o proxecto.
A suba dos prezos e a falta de subsistencias estiveron detrás daquela mobilización de hai un século, na que Neda foi unha parte moi activa a través das traballadoras da fábrica de tecidos de Xuvia, pero que tamén se deixou sentir en Ferrol, Caranza, Serantes, Perlío, Maniños, Limodre e Pontedeume. Houbo un total de nove persoas mortas, ademais de ducias de feridas e procesadas.
Presentación
A Casa das Palmeiras acollerá este venres, día 26, o acto de presentación do libro “Entre sueños y silencios” do que é autora Nina Pantín. Será ás 20.30 horas. Nina Pantín, artista aresana e persoa dedicada ao mundo da música dende nena, “fai realidade o soño de contar os seus silencios mellor gardados dunha maneira literaria”.



NEDA ACOGERÁ EN ABRIL UNA INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS

Neda, 17 de enero de 2018.- El Ayuntamiento de Neda, en colaboración con la Junta de Galicia, promove la celebración de una inspección técnica para vehículos agrícolas en el municipio. Será el día 5 de abril en el lugar de los Pazos, en horario de 9.00 a 13.30 horas.
Las personas que puedan estar interesadas sólo deben solicitar la cita previa por teléfono (902 309 000) o a través de la página web www.sycitv.com. El gobierno municipal entiende que es una buena oportunidad para pasar la inspección técnica a los vehículos agrícolas sin tener que desplazarse la otro punto de la comarca por lo que invitan a los interesados a llamar para reservarse la vez.



LA REPARACIÓN DE LA PASARELA PEATONAL MARCHA A BUEN RITMO A PESAR DE LA ADVERSA METEREOLOGÍA


Neda, 17 de xaneiro de 2018.- Os traballos de reparación da pasarela peonil sobre a desembocadura do río Xuvia marchan a bo ritmo, aínda que a metereoloxía non está a dar moitas facilidades, segundo se recoñece desde a Demarcación de Costas en Galicia. As obras consisten en arranxar toda a estrutura e na introdución dalgunhas melloras nunha plataforma que está a funcionar desde o ano 2004.
A día de hoxe a tarea consiste na limpeza de toda a estrutura metálica, un labor que presenta como principal dificultade evitar que os residuos que xenera dita operación caigan as augas da ría. A instalación de plásticos está a impedir calquera posible contaminación.
Cara aos próximos días, está prevista a instalación duns andamios para comezar coa reparación dos dous arcos de madeira que representan a parte máis llamativa da construción que une o municipio de Neda coa de Narón. En total son máis de 90 metros de lonxitude os que serán tratados para garantir a súa conservación, unha operación que tamén se levará a cabo con respecto aos amarres e cables laterais que dan a pasarela unha imaxe de flexión.
Ao marxe destas melloras tamén se está a barallar a substitución da varanda, dado o estado que presenta, así como o actual sistema de iluminación por outro a base de led.
As obras están en marcha desde o día 29 do pasado mes de novembro e a súa duración será de catro meses, periodo de tempo no que a pasarela tampoco estará transitable. A realización deste traballos, que están sendo executados pola empresa Tragsa, foron contratados por algo máis de 196.000 euros, un investimento que asume integramente o Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente a través da Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar.



O PROXECTO DE RENOVACIÓN DAS PLACAS DAS RÚAS TRASLÁDASE ESTE ANO A SETE NÚCLEOS RURAIS


Neda, 12 de xaneiro de 2018.- O Concello de Neda continuará este ano co proceso de renovación dos elementos de sinalización das rúas iniciado no 2017. Nunha primeira intervención foron substituídas un total de 28 placas do centro histórico da vila e cara ao presente ano o equipo de goberno xa traballa coa previsión de darlle continuidade ao plan nos núcleos urbanos de Anca, O Roxal, A Mourela, Cruz do Pouso, A Cabeluda, O Puntal e Casadelos. Serán arredor de 30 novas unidades de diseño moi similar ás xa instaladas na vila de Neda. O gasto estimado estará en torno aos 6.000 euros.
Este investimento completarase ata os 14.000 cos 8.000 que o Concello de Neda ten previsto gastar na renovación dos pasos de cebra, na instalación dun semáforo á altura do supermercado DIA e na actualización do que existe na zona do Regueiro coa incorporación de sinais luminosos para advertir aos condutores da súa presenza.
O Concello considera que a seguridade viaria é unha responsabilidade de todos, empezando polo compromiso das administracións á hora de dotar ou renovar os recursos.



NEDA BUSCARÁ A AXUDA DA XUNTA PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE SOBRE O RÍO BELELLE NA ZONA DO ROXAL


Neda, 11 de xaneiro de 2018.- O Concello de Neda chamará ás portas das Consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural para buscar financiamento cara á substitución por unha ponte nova do paso superior sobre o río Belelle que agora existe na zona do Roxal. Trátase dunha construción que polas súas características e deterioración non permite a circulación de vehículos articulados, incluídas as motobombas utilizadas na extinción de incendios, e supón unha barreira nas crecidas do río, provocando a miúdo o seu desbordamento. O goberno municipal xa dispón dun proxecto, valorado en 128.000 euros, para a execución dunha nova ponte, augas abaixo da antiga, que non supoña unha nova barreira nas cheas do río, e que garanta poder cruzar o Belelle incluso nas condicións meteorolóxicas máis adversas e para todo tipo de vehículos. Esta nova construción estaría feita con catro vigas prefabricadas apoiadas en dous estribos, sen ningunha pila intermedia e cunha pendente adecuada ás características do terreo. O prazo estimado para a execución dos traballos é de tres meses.O executivo local destaca a importancia dunha obra, non só de cara á comodidade dos veciños que viven na zona, senón tamén desde o punto de vista medioambiental. Ante un eventual lume nos montes e dadas as condicións actuais do paso tanto as brigadas de extinción como os equipos mecánicos estarían obrigados a rodear o monte, o que faría moito menos efectiva a súa intervención.


<<  Anterior  | 94  | 95  | 96  | 97  | 98  | Seguinte  >> 



Axenda

<<  Previous | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | Next  >> 

Tramites online