Novas


Vicente Araguas presenta na súa vila natal a súa nova novela en galego, titulada Través do Trebón

 O escritor Vicente Araguas presentará na súa vila natal a súa última novela en galego, titulada “Través do trebón” (Belagua Ediciones). O acto terá lugar o vindeiro martes 11 de agosto, ás 20 horas, na Casa da Cultura, e as persoas interesadas en asistir deben reservar praza na Casa da Cultura ou no teléfono 981 39 02 33 -ata completar aforo-. O profesor Eduardo Fra Molinero será o encargado de conducir a presentación, na que o fillo predilecto de Neda estará acompañado pola concelleira de Cultura, Verónica Vigo, e polo alcalde, Ángel Alvariño.

Cun estilo moi persoal, Vicente Araguas recrea en “Través do Trebón” o ambiente asfixiante dunha cidade marítima pendente do que ocorre na súa base naval, pescudando nas razóns do instinto humano de supervivencia.

Vicente Araguas (Xuvia-Neda) é un escritor todo terreo, se ben a súa obra abarca, basicamente, o ámbito poético. Anterior a “Través do Trebón” ten publicado en galego outras dúas novelas: “Agora xa foi” e “A Canción do verán”, mostra polivalente de concepto e estilos.


Nova sesión de cine de verán este xoves na Cruz do Pouso coa proxección de “Ratón Pérez2”

O Concello de Neda convida a nenos/as e maiores a disfrutar dunha nova sesión do mellor cine ao aire libre este xoves. Na Cruz do Pouso proxectarase o filme de animación “Ratón Pérez 2” a partir das 22 horas, unha actividade incluída na Rede Cultural da Deputación provincial da Coruña.
 
A entrada é gratuíta, pero require de reserva anticipada de entrada. Trátase dunha das medidas establecidas no marco da nova normalidade imposta pola COVID-19. Así, o prazo para reservar as entradas ábrese hoxe e pecharase o mesmo xoves. Debe solicitarse na Casa da Cultura de 10 a 14 horas ou chamando no mesmo horario ao teléfono 981 39 02 33. A reserva debe realizala unha persoa adulta e aportar nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto.
 
O Concello tentará agrupar ás familias e tamén aos grupos de amizades de cara a optimizar un espazo que se verá mermado polas distancias sociais que se precisan gardar.
Así mesmo, o día da sesión as persoas deben acudir cunha antelación mínima de 10 minutos antes do inicio da proxección para acomodar espazos.


O Concello de Neda prevé incorporar ao parque de Santa María un columpio adaptado para nen@s con diversidade funcional

 O parque infantil de Santa María contará co primeiro elemento de xogo adaptado para nenos e nenas con diversidade funcional. Así será de prosperar a proposta de modificación de crédito que o goberno municipal levará a pleno para habilitar os fondos necesarios para a súa adquisición, respondendo así a unha demanda veciñal.

Deste xeito, o Concello procedería á adquisición dun columpio adaptado, cun investimento cercano aos 8.000 euros. Unha medida necesaria para facilitar o acceso e desfrute ao xogo para os máis pequenos e pequenas con diversidade funcional. 



O executivo municipal levará a xunta de goberno local a adquisición dunha finca anexa á pista polideportiva do Roxal para destinala a zona de estacionamento

 O executivo municipal levará á próxima xunta de goberno local a aprobación da adquisición dunha finca anexa á pista polideportiva de O Roxal. Uns terreos de 2.000 metros cadrados cun prezo de compra de 20.000 euros. A adquisición permitirá habilitar unha zona de estacionamento contigua á pista, dándolle servizo á mesma.

A iniciativa favorecerá o aparcamento nunha área carente ata o dagora del, e doutra banda poría fin ao estacionamento nos viais de acceso, mellorando así a mobilidade e seguridade vial na zona.



Concello e asociacións acordan reorientar as subvencións municipais abrindo a posibilidade de destinalas á adquisición de equipamento

 O goberno local levará ao próximo pleno unha modificación de crédito para habilitar dúas liñas de axuda dirixidas ao tecido asociativo: a primeira destinada ao financiamiento de actividades e, a segunda, a investimentos -adquisición de equipamento-. Así o acordaron nunha xuntanza celebrada onte entre o alcalde, Ángel Alvariño, e os/as representantes das asociacións veciñais, culturais, deportivas e educativas do municipio, que contou coa asistencia do secretario municipal, Alejandro Antelo.

Na reunión, celebrada na Casa da Cultura, o executivo municipal planteou reorientar os fondos das subvencións que cada ano o Concello dirixe ás asociacións, xa que están planteadas para financiar actividades e eventos que impulsan as entidades pero que na maioría dos casos este ano non puideron levarse a cabo por mor da situación de alarma sanitaria derivada da COVID-19. Unha partida que ascende no seu conxunto a uns 23.000 euros (e que se suma ás axudas económicas en materia de gastos eléctricos e de auga dos locais sociais que o Concello ten cedidos ás asociacións e que financia).

Así as cousas, e para facilitar o desenvolvemento da labor das entidades, o Concello planteou destinar esas subvencións -nominativas e de libre concorrencia- tanto a sufragar gastos de actividades como á adquisición de equipamento. Unha medida respaldada por parte da vintena de asociacións de Neda. 

<<  Anterior  | 5  | 6  | 7  | 8  | 9  | Seguinte  >> 



Axenda

<<  Previous | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | Next  >> 

Tramites online