Novas


A EXPOSICIÓN DE GALICIA EN FOCO ESTARÁ DESDE O XOVES NO CENTRO CÍVICO RAMÓN MILLARENGO

Neda, 20 de Xuño de 2018. O centro cívico Ramón Millarengo de Neda abrirá mañá xoves as súas portas á exposición Galicia en Foco do Club de Prensa de Ferrol.
O acto inaugural será ás 20.30 horas e contará coa presenza da concelleira de Cultura, Cristina Bouza Bellón; da presidenta da entidade ferrolá, Julia Díaz Sixto, e de Miguel García, como membro da directiva e máis coordinador da mostra.
Con motivo da apertura da exposición haberá unha charla e o visionado do documental “Historia dos primeiros 25 anos do premio Galicia en Foco”.
A mostra, que consta dun total de 40 obras, permanecerá aberta ao público ata o día 12 de xullo, en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 horas.
Galicia en Foco naceu en Ferrol en 1989 como unha maneira de reivindicar o traballo dos fotógrafos de prensa en Galicia, unha iniciativa “avalada en toda a súa dimensión pola gran participación dos xornalistas que acoden cada ano a esta convocatoria”. Estas imaxes convértense así “nunha crónica anual dos acontecementos e sentimentos do pobo galego, recollidos nas súas diversas facetas nos medios de comunicación”.



O CONCELLO DE NEDA SACA A CONTRATACIÓN A OBRA QUE TRANSFORMARÁ SUBARREIROS

Neda, 19 de Xuño de 2018. O goberno de Neda vén de sacar a contratación a totalidade das obras incluídas no POS+ 2018, segundo o acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o pasado luns, día 18 de xuño.


Son o proxecto que transformará a zona de Subarreiros, orzamentado en 106.585,11 euros, e as obras de aglomerado que se levarán a cabo nos viais Bernés-Pedrós, Porta da Pena-Chao da Aldea e no camiño do Cal, cuxo importe total supera os 82.000 euros.


Cun procedemento aberto e supersimplificado o equipo de goberno garante a máxima axilidade á hora de contratar unhas actuacións “importantes e necesarias tanto desde o punto de vista social como de seguridade viaria”, asegurou o alcalde, Ángel Alvariño Saavedra.


O proxecto a desenvolver en Subarreiros consiste na construción dunha pista polideportiva, na ampliación do parque infantil xa existente na zona, así como na instalación de mobiliario, nomeadamente mesas con asentos incorporados, para facer da zona un espazo común de familias e afeccionados ás actividades de ocio e deportivas ao aire libre. A instalación deportiva, cuxas dimensións serán de 45 metros de longo por 25 de ancho, estará preparada para xogar ao balonmán, baloncesto, voleibol, e tenis, mentres que o espazo infantil completarase coa colocación de seis xogos máis e a instalación dun peche perimetral para delimitar a zona dedicada aos pequenos. Como se recordará, en setembro de 2017 o antigo Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentacion y Medio Ambiente outorgou ao Concello de Neda a concesión de uso, por espazo de trinta anos, de case 14.000 metros cadrados de dominio público gañados no seu día ao mar.


En canto ás vías de comunicación os proxectos consisten en dotar de aglomerado dúas calzadas, que suman algo más de 1.400 metros lineais. A limpeza de cunetas, así como a renovación da sinalización horizontal son outras actuacións tamén contempladas nestas intervencións.



A III CARREIRA ESCOLAR CONCELLO DE NEDA SERÁ O SÁBADO NO CEIP MACIÑEIRA

 Neda,18 de Xuño de 2018. O Concello de Neda organiza para o sábado día 23 a terceira edición da Carreira Escolar, unha iniciativa do equipo de goberno para incentivar a actividade deportiva entre os escolares da localidade. Trátase dunha convocatoria pechada na que este ano, ademais dos centros educativos da localidade -CEIP San Isidro e CEIP Maciñeira- tomarán parte estudantes dos colexios Ponte de Xuvia e Jorge Juan, ámbolos dous situados en Narón. Este ano será o CEIP Maciñeira o que acollerá esta popular competición, para a que o Concello conta con a colaboración da dirección do centro e máis da ANPA.

A organización estima que a participación pode chegar aos 120 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os cinco e doce anos.

Haberá un total de catro categorías: Biberóns (2013-2014), que cubrirán unha distancia de 50 metros; prebenxamíns (2011-2012), que correrán 300 metros; benxamíns (2009-2010), serán 600 metros, e alevíns (2006-2007-2008), que disputarán un total de 900 metros.

O reparto de dorsais será ás dez da mañá. A primeira das probas dará comezo ás 11.00 horas.

Haberá premios para os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías e medallas para todos os participantes, ademais dun pequeno avituallamento para repoñer forzas despois da carreira.

Desde o Concello invítase ás familias a secundar coa súa presenza a celebración dunha iniciativa pensada para fomentar pautas de vida saudable entre os menores a través dunha actividade deportiva adaptada ás súas posibilidades.



EN NEDA OS PERMISOS PARA AS LUMINARIAS DE SAN XOÁN XA SE PODEN TRAMITAR “EN LIÑA”

Neda, 14 de Xuño de 2018. O Concello de Neda recorda que existe a obriga de solicitar permisos para as luminarias que tanto na noite de San Xoán (23 de xuño) como na de San Pedro (29 de xuño) teñan lugar no termo municipal. É unha norma de obrigado cumprimento para garantir a seguridade das persoas que celebran a chegada do verán coa queima de madeira e cousas vellas, segundo se fai constar desde o equipo de goberno.

 Así, ao sistema que viña funcionando ata o de agora -descargar o formulario na páxina web para despois entregalo no Concello- hai que engadir unha nova posibilidade, a solicitude “en liña”. Esta opción, de recente implantación, consiste en tramitar a solicitude online descargando e cumprimentando o formulario, asinándoo dixitalmente e enviándoo por correo electrónico á dirección correo@neda.es (Asunto: Permiso de Luminarias de San Xoan e San Pedro). Para facer uso desta posibilidade o solicitante deberá contar cun certificado dixital ou DNI electrónico para poder asinar o documento..

Toda a información ao respecto pódese consultar a través da páxina web do Concello de Neda (www.neda.es), dentro do apartado de Servizos Municipais, na pestana Medio Rural.

As solicitudes, que son gratuítas, deben tramitarse antes do día 23.



LA PISCINA MUNICIPAL DE NEDA ABRIRÁ DESDE ESTE SÁBADO HASTA EL DÍA 16 DE SEPTIEMBRE

A empresa Xemade se hizo con la gestión y el mantenimiento del servicio

Neda, 13 de Junio de 2018. La piscina municipal de Neda abrirá al público a partir de este mismo sábado, día 16 de junio. Las instalaciones, que este año estarán gestionadas por la empresa Xemade, estarán operativas hasta el día 16 de septiembre y su horario de funcionamiento será de lunes a viernes de 12.00 a 14.00 y de 15.30 a 20.30 horas, mientras que tanto los fines de semana como los días festivos la apertura será ininterrumpida, de 12.00 a 20.30 horas.

El gobierno municipal de Neda invita al vecindario a hacer uso de una instalación que, además de encontrarse en un lugar privilegiado, reúne las condiciones adecuadas para situarse entre las mejor dotadas de la comarca. Las inscripciones deben hacerse en la propia piscina.

En cuanto a los precios las opciones son:

-Bono temporada: Niños hasta 14 años,15 euros; adultos, 21 euros; bono familiar hasta cuatro miembros, 36 euros; y 3 euros más por cada miembro adicional.

-Por asistencia a cursos mensuales: Niños hasta 14 años lunes, miércoles y viernes 12:00 a 13:00 horas, 12 euros; y adultos, a las mismas horas martes y jueves, 21 euros.

-Entradas diarias: Niños hasta 14 años, 1,50 euros; adultos, 3 euros; con carné Xove, 25% descuento (1,20 y 2,40 euros).

El Consistorio de Neda, a través de la Xunta de Goberno, resolvió contratar a Xemade por la cantidad de 14.750 euros (IVA incluido). El acuerdo abriga a la empresa adjudicataria al mantenimiento, conservación, limpieza, reparación y gestión de las instalaciones, a cubrir con personal a su cargo el servicio de socorrismo, a impartir cursos de aprendizaje y perfeccionamiento de natación, así como programas de gimnasia acuática o terapéutica para personas mayores.


<<  Anterior  | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | Seguinte  >>