Novas


NEDA CONVOCA ANDAINAS, ABERTAS AO PÚBLICO E GRATUÍTAS, PARA OS DÍAS 21 DE ABRIL E 5 DE MAIO


Neda, 12 de Abril de 2018.- O Concello de Neda fomenta a actividade física coa organización de convocatorias como as que terán lugar o día 21 de abril e 5 de maio. Trátanse de dúas andainas, de 10 e 15 quilómetros respectivamente, abertas á cidadanía e de inscrición gratuíta. A primeira delas, denominada “Ponte do tren”, será o sábado 21 e terá como punto de partida o albergue de peregrinos, ás 10.30 horas. As persoas interesadas teñen de prazo ata o día 19 para apuntarse nas oficinas do Concello, abertas ao público de nove da mañá a dúas da tarde. A seguinte cita, prevista para o primeiro sábado de maio, leva por título “Fervenza do Belelle”, o que xa dá unha pista sobre o seu percorrido. A saída volverá a estar no albergue de peregrinos e a saída tamén será ás 10.30 horas. O prazo de inscrición, que cabe recordar que é gratuíta, será do 23 de abril ao 3 de maio.



A CASA DA CULTURA DE NEDA ACOLLERÁ O VENRES A PRESENTACIÓN DE “ELA E DYLAN. AS FLORES SOLITARÍAS”


Neda, 10 de Abril de 2018.- Os actos organizados polo Concello de Neda con motivo do mes dedicado ao libro terán continuidade o próximo venres coa actuación de Roger de Flor e Helga Méndez sobre o escenario da Casa da Cultura.
Será ás 20.30 horas e dará lugar á presentación, por parte de Maquinarias Teatro e Roger de Flor, do seu último traballo, que leva por título “Ela e Dylan. As flores solitarías”. Trátase dun espectáculo poético e un concerto acústico sobre letras de cancións e poemas do artista estadounudense Bob Dylan traducidas a galego. O prezo da entrada é de 2 euros.



O PLENO APROBOU HOXE O ORZAMENTO MUNICIPAL PARA O PRESENTE EXERCICIO

Neda, 9 de abril de 2018. O equipo de goberno de Neda (PSOE, BNG e CG) sacou adiante hoxe, na sesión celebrada a media mañá, os orzamentos que estarán vixentes ao longo do presente ano, cuxo importe ronda os 4.694.691,34 euros. Son case 300.000 euros máis que no exercicio anterior. O asunto foi aprobado polos grupos do PSOE, BNG e CG. O PP abstívose e Movineda votou en contra.

O agora aprobado estará especialmente enfocado á contratación do servizo de limpeza de edificios públicos, para o que está asinada unha partida de 220.000 euros, e o relativo á asistencia ao fogar, que sairá a licitación por importe de 800.000 euros, segundo apuntou o alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, no transcurso da sesión. Algunhas das grandes accións que o equipo de goberno prevé levar a cargo con cargo ao orzamento aprobado hoxe é o inicio da intervención que convertirá Subarreiros na nova zona de lecer do casco histórico de Neda (151.000 euros) e a reparación de varias vías de comunicación, con cargo a un investimento de 132.000 euros, unha partida que podería ser aínda maior coas baixas de pasadas anualidades e do Plan Único da Deputación.

O “contido social” dos orzamentos queda reflectido polo incremento dun 26,70% no último ano e dun 104,29% nos últimos tres do gasto destinado ao Servizo de Axuda no Fogar, unha prestación que este exercicio tamén chegará aos seus usuarios durante as fins de semana e días festivos. Outros gastos incluídos no documento son os 135. 000 euros para iluminación pública, os máis de 128.000 do servizo de recollida de lixo e os 138.000 da achega do Concello para o tratamento de residuos urbanos.

A corporación tamén aprobou a cesión á Xunta do chan do centro de saúde, o que representa un paso máis do Concello para transferir á administración autonómica a propiedade do inmoble.



LOS ALUMNOS DEL COLEGIO MACIÑEIRA CONOCIERON HOY LA LABOR QUE HACE EL GES DE MUGARDOS

Neda, 9 de Abril de 2018.- A totalidade do alumnado do CEIP Maciñeira participou hoxe na xornada organizada polo Concello de Neda para que os nenos coñezan o traballo de prevención e asistencia que realizan este tipo de agrupacións, máis concretamente por parte do grupo de Mugardos.

Por medio desta actividade, que o día 13 trasladarase ao colexio San Isidro, os nenos coñeceron de primeira man o labor que se fai na loita contra o lume nos montes, a asistencia en sinistros e mesmo a colaboración que os GES realizan para ter controladas as colonias de avespa velutina.

O alcalde, Ángel Alvariño Saavedra, volorou este tipo de iniciativas para que os rapaces tomen conciencia da importancia do traballo que se fai desde os entes e agrupacións públicas para garantir a seguridade dos cidadáns. O alcalde tamén destacou de maneira especial a colaboración que o GES de Mugardos vén de realizar, xunto ao Concello de Neda, de loita contra a velutina. Esta axuda deu lugar, durante a primavera do 2017, á captura de preto de 700 exemplares e á retirada de 240 niños

 



O CONCELLO ORGANIZA OBRADOIROS PARA QUE 200 NENOS COÑEZAN O LABOR DE PREVENCIÓN E ASISTENCIA DOS GRUPOS DE EMERXENCIA

Neda, 7 de Abril de 2018.- O Concello de Neda, en colaboración co Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Mugardos, organiza unhas xornadas para que os nenos do municipio coñezan o traballo de prevención e asistencia que se está a realizar desde este tipo de agrupacións. A iniciativa dará lugar á celebración de dous obradoiros previstos para os días 9 e 12 do presente mes. No conxunto do programa participarán 200 alumnos de Educación Infantil e Primaria dos colexios Maciñeira e San Isidro. Os nenos coñecerán desde o labor que fai de loita contra o lume nos montes, ata a asistencia en sinistros e mesmo a actividade que se realiza contra a avespa velutina. Precisamente, o Concello de Neda vén de instalar trampas para garantir a captura desde tipo de insectos durante a campaña de primavera. A xeolocalización das unidades distribuídas polo municipio e mesmo a evolución das capturas xa se poden seguir a través web municipal (www.neda.es), no apartado de servizos municipais. Desde a Concellería de Medio Rural tamén se quere animar aos veciños a participar na iniciativa para a que é necesario inscribirse no rexistro do Concello. Durante a anterior campaña de trampeo, realizada durante a primavera do 2017, foron capturarados preto de 700 exemplares de velutina, ademais de se retirar máis de 240 niños entre o GES de Mugados e persoal do propio Concello.


<<  Anterior  | 96  | 97  | 98  | 99  | 100  | Seguinte >>