Novas


Teatro en Familia, Casa daCultura Concello de Neda



Aberto o prazo de inscripción para a escola de teatro infantil, xuvenil e de adultos.



O DÍA 24 ARRINCA O CICLO DE TEATRO FAMILIAR COA OBRA “DANZA DA CHOIVA”, COA QUE ELEFANTE ELEGANTE GAÑOU O MARÍA CASARES

Neda, 20 de setembro de 2017. Coa obra “Danza da choiva”, prevista para o día 24 e a cargo do grupo Elefante Elegante, dará comezo o ciclo de teatro familiar organizado polo Concello de Neda e que terá continuidade durante o mes de outubro. Esta primeira cita será ás 18.30 e as entradas, que saen á venda ao prezo de 2 euros para os adultos e a un para o público infantil, poderanse adquirir o venres durante todo o día e o domingo, a partir das cinco da tarde, na Casa da Cultura. Son as mesmas instalacións que acollerán a representación coa que a compañía Elefante Elegante gañou este ano o premio María Casares de teatro infantil. “Danza da choiva” é un espectáculo sen palabras que mestura o teatro xestual, a danza, a manipulación de obxectos e os monicreques. A obra trata do cambio climático e a súa incidencia sobre as persoas.


O mes de outubro arrincará coa primeira cita do devantido ciclo de teatro familiar. Será o domingo día 1, xornada na que o grupo Aturuxo de Melpómene representará a obra “Misterios” sobre o escenario da Casa da Cultura. Estará dirixida por Paula Carballeira e protagonizada por María López, Silvia Casal, Leandro Lamas e Lorena Montero. O acto dará comezo ás 18.30 horas.


“O poder de Amabel” é o nombre da obra que os actores Victoria Pérez e Manu Fernández (Cía. Pérez&Fernández) interpretarán o día 8 de outubro. É unha peza de teatro de títeres e actores para público familiar inspirada na novela infantil de Érica Esmoris, editada por Sushi Books.


O ciclo pechará o día 22 co “Rubicundo” a cargo de Ghazafelhos. Trátase dunha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin distancias. A representación dará comezo ás 18.30 horas.



MÁIS DE 250 PERSOAS ASISTIRON Á PRIMEIRA XUNTANZA INTERXERACIONAL DO CONCELLO DE NEDA

  Neda, 19 de setembr0 de 2017. Máis de 25o persoas tomaron parte na primeira Xuntanza Interxeracional que, organizada polo Concello de Neda, tivo lugar o pasado domingo nas insta­lacións sociais da Asociación Roxal. A idea era reunir nun único acto festivo a todos os membros das familias de Neda, e abofé que así foi xa que á comida e ao posterior baile asistiu moita xente maior pero tamén había nenos de todas as idades e rapazada. Os responsables municipais non dudan en darlle continuidade, cara ao próximo ano, a un programa que tivo tan boa acollida.

Excursión

O Concello de Neda organiza unha excursión por terras asturianas e cántabras. O desplaza­mento, que será en autobús, terá lugar os días 6, 7 e 8 de outubro e o prezo por persoa ascende a 180 euros. Todos os gastos están incluídos. Os interesados xa poden facer as reservas nas ofi­cinas de Servizos Sociais. As prazas son limitadas. Entre outros lugares están previstas visitas a Covadonga, Santander, Santillana del Mar, Liébana e a localidade cántabra de Potes.



O CONCELLO CONVOCA UN CURSO PARA QUE AS NOVAS TECNOLOXÍAS XOGUEN A PROL DOS DESEMPREGADOS Á HORA DE BUSCAR TRABALLO

Neda, 18 de setembro de 2017.- O Concello de Neda anima á mocidade do municipio a tomar parte nun curso para tratar de acceder ao mundo laboral facendo un uso correcto e eficaz das novas tecnoloxías. Trátase dunha iniciativa da concellería de Industria, Comercio, Xuventude e Medio Ambiente.
O curso, denominado “Búsqueda de emprego a través da rede”, impartirase os luns, martes e xoves de 16.30 a 18.30 horas nas instalacións da Casa da Cultura. A duración do programa formativo é de 16 horas. O prazo de matrícula xa está aberto e as solicitudes deben presentarse no rexistro xeral do Concello.
Entre outros contidos, os interesados aprenderán a deseñar perfís profesionais, a familiarizarse con conceptos básicos de búsqueda de emprego e a abordar dun xeito óptimo unha candidatura telemática. Tamén terán a posibilidade de coñecer os principais portais, tanto públicos como privados, para atopar emprego e de traballar coas redes sociais e profesionais, ademais de aprender a obter información sobre os postos e as empresas que ofrecen empleo.


<<  Anterior | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | Seguinte  >>