Concello

Alcalde

 

Alcalde_neda

Estimados veciñ@s e visitantes,

 É para mín unha gran honra darvos a benvida a esta plataforma virtual dende a que pretendemos dar a coñecer a nosa preciosa vila mariñeira e o seu patrimonio histórico-artístico, cultural e ecolóxico: Igrexas, Cruceiros, Muiños Fervenza do río Belelle, Antiga Fábrica de moeda, Pazo de Isabel II, Rutas de Sendeirismo, Festa do Pan de Neda, Castro de Ancos, Paseo Marítimo de Xuvia, etc.

 Igualmente poño a vosa disposición este sitio web para facilitar toda a información, novas e documentación de interés municipal, pretendendo con isto axilizar as xestións e trámites para que non teñades necesidade de desprazarvos ata o concello.

A través do Buzón de Suxerencias podedes facerme chegar as vosas proposta para telas en conta á hora de poñer en práctia a nosa xestión de forma que ésta sexa o máis acorde posible coas necesidades de veciños e asociacións.

E como non, felicitar a todos os peregrinos que se acheguen a coñecer a nosa vila a través do Camiño Inglés a Santiago de Compostela e ofrecerlles información sobre aloxamento, gastronomía e festas de interés popular para que disfruten o máximo posible da súa estancia na nosa vila.

 Un afectuoso saludo,

 Ángel Alvariño Saavedra