Venres 13 de outubro ás 20.30 h na Casa da Cultura. Piñas e mistos.Unha toma de contacto co cinema galego de vangarda. Proxección de curtas comentadas por Gonzalo E. Veloso.

Piñas e mistos.Unha toma de contacto co cinema galego de vangarda. Proxección de curtas comentadas por Gonzalo E. Veloso.
O cinema galego está vivindo o mellor momento de toda a súa historia. O éxito internacional que está habendo ven da man pequeno grupo de cineastas independientes que están facendo cinema dende a máis absoluta liberdade: o Novo Cinema Galego. 
Dentro deste grupo existe unha tendencia cara o cinema experimental, ese que non busca tanto contar unha historia como xenerar emocións no espectador, levalo a un estadio perceptivo diferente: un cinema que apela ao sensorial.

Así, esta sesión busca ser un achegamento comentado ás manifestacións máis libres do cinema galego experimental e de vangarda a través da proxección dunha serie de curtas.