Cultura

Faite soci@ da biblioteca

 

Centro cultural de referencia na comarca e motor de dinamización cultural na real vila, a Biblioteca Municipal de Neda ofréceche lectura, exposicións, sesións de contacontos, presentacións de libros... Entra a formar parte do seu universo facéndote socio. É gratis!

 A nosa Biblioteca, referente cultural

A Biblioteca Municipal de Neda abría as súas portas oficialmente o 19 de febreiro de 1982 como unha necesidade imperiosa da sociedade. Nacía con 2.722 libros e, actualmente, dispón de máis de 28.000. Isto é, unha media de cinco por habitante, moi por riba das cifras estatais. O espectacular da súa evolución pode verse tamén no número de socios e socias, xa que en 30 anos pasou dos 33 inscritos no momento da apertura oficial ata os máis de 3.900 da actualidade. Un dos seus fitos máis destacados foi o nacemento, no seu seo, da Revista de Neda, que xa cumpriu o seu décimo quinto ano, así como a celebración das Xornadas Literarias do Día do Libro, co respaldo da Facultade de Humanidades. Tamén a Biblioteca de Neda soubo evolucionar coa realidade social e, a día de hoxe, ofrece equipamentos informáticos con Internet e zona wifi. E no ánimo do Concello está seguir mellorando.

Da o paso, faite soci@

Tan só tes que achegarte á Biblioteca e cubrir a ficha. Recibirás un correo electrónico avisándote da data na que podes pasar pola Biblioteca para recoller o teu carnet.

Horario de apertura:

En inverno (de setembro a xuño): de luns a venres de 17 a 20 h

En verán (de xuño a setembro): os luns de 18 a 20 h e de martes a venres de 11 a 13 h

Contacto:

Avenida de Algeciras, 61, bajo
15510 Neda
Tlf: 981 39 02 33
Fax: 981 390 249
Correo electrónico:

cultura@neda.es

 

Consulta nuestros fondos en Internet:

Na páxina da rede de bibliotecas de Galicia: www.opacmeiga.rbgalicia.org

Debes seleccionar provincia (A Coruña), comarca (Ferrol), Concello (Neda), Biblioteca (BMNEDA) e, listo, xa podes consultar os fondos bibliográficos.