RUTA DOS MUÍÑOS DO RÍO BELELLE ATA A FERVENZA.

Sábado 31 de agosto. Mañá xoves 22 de agosto abre o prazo de inscrición que rematará o xoves 29 ou no momento de completar as 60 prazas dispoñibles. Formalización de inscricións na Casa da Cultura (981 39 02 33). Ás 10:00 Saída do Adro da Igrexa de Santa María. Distancia 9 Km ida/volta. Dificultade baixa. Duración aproximada 4 horas. No percorrido de volta faremos unha parada na cantina da SCD Roxal para degustar os productos que se exaltan na Festa do Pan: empanada, pan e doce. Esta Ruta está enmarcada nas actividades previas á Festa do Pan.