Noticias


A Noite de Bolos recibe o seu nome por ser antesala da Festa do Pan de Neda.

Nesta V Edición Neda acollerá os seguintes concertos; NOITE DE BOLOS 2019 Sábado 31 de agosto de 2019 Paseo Marítimo de Xubia (Neda) Horarios Concertos: 20:00h - Quenindiole 21:00h - De Vacas 22:30h - Xabier Díaz & Adufeiras do Salitre QUENINDIOLE: Oito rapazas e rapaces de entre 10 e 15 anos forman Quenindiole. Cun repertorio tradicional de pezas ben coñecidas por todo o mundo, todas "cantables" e "bailables", aseguran unha auténtica festa galega. https://www.facebook.com/Quenindiole/ DE VACAS: Mistura de voces e guitarra, harmonías que estimulan os sentidos, De Vacas enchen prazas e teatros cunha paixón que contaxia. Cantan en todos os idiomas e inventan outros. Aman aos nosos poetas e a Enrique Iglesias. Vídeo – Rexurdimente: https://www.youtube.com/watch?v=qkJBWfiYPTI Vídeo – Amodiño: https://www.youtube.com/watch?v=c7EQ7uv1_xc Vídeo - Son Eu: https://www.youtube.com/watch?v=l28YGqGp4fE Vídeo - El anillo pa cuando: https://www.youtube.com/watch?v=i0DrfYYECfs http://devacas.gal/ https://www.facebook.com/devacasdv/ https://www.youtube.com/channel/UCNFKDJh11Ymdsr0E_Siuw0Q XABIER DÍAZ & Adufeiras do Salitre: 12 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación que Xabier e este grupo de 9 cantoras e percusionistas están presentando acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico). Humildes e poderosos a un tempo... Adufes, pandeiretas, cunchas, pandeiras... Todo un exército de parches para montar unha foliada de dimensións ciclópeas. Xabier Díaz (voz e percusións) Gutier Álvarez (zanfona e violín) Javier Álvarez (acordeón diatónico) Vídeo - Canción O baile de Noró: https://www.youtube.com/watch?v=CwjZd5ak7xA Primeiro single de "Noró" de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (Músicas de Salitre - Febreiro 2018).



RUTA DOS MUÍÑOS DO RÍO BELELLE ATA A FERVENZA.

Sábado 31 de agosto. Mañá xoves 22 de agosto abre o prazo de inscrición que rematará o xoves 29 ou no momento de completar as 60 prazas dispoñibles. Formalización de inscricións na Casa da Cultura (981 39 02 33). Ás 10:00 Saída do Adro da Igrexa de Santa María. Distancia 9 Km ida/volta. Dificultade baixa. Duración aproximada 4 horas. No percorrido de volta faremos unha parada na cantina da SCD Roxal para degustar os productos que se exaltan na Festa do Pan: empanada, pan e doce. Esta Ruta está enmarcada nas actividades previas á Festa do Pan.



AUDIENCIA PREVIA PROYECTO DE ORDENANZA GENERAL REGULADORA DE PRECIOS PÚBLICOS



De acuerdo con el artículo 133.1 de la ley 39/2015 de 1 de Octubre del procedimiento administrativo común de las administraciones públicas se substancia audiencia pública en relación con el proyecto de ordenanza general reguladora de precios públicos.

Se adjunta proyecto de ordenanza, informe de intervención.

Los interesados dispondrán de un plazo de 15 días naturales para que se puedan realizar las sugerencias o propuestas que se tengan por conveniente.



AUDIENCIA PREVIA PROXECTO DE ORDENANZA XERAL REGULADORA DE PREZOS PÚBLICOS

De acordo co artigo 133.1 da lei 39/2015 de 1 de Outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas substánciase audiencia pública en relación co proxecto de ordenanza xeral reguladora de prezos públicos.

Adxúntase proxecto de ordenanza, informe de intervención.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días naturais para que se podan realizar as suxestións ou propostas que se teñan por convintes.



CONSULTA PREVIA PROYECTO DE ORDENANZA GENERAL REGULADORA DE PRECIOS PÚBLICOS

De acuerdo con el artículo 133.1 de la ley 39/2015 de 1 de Octubre del procedimiento administrativo común de las administraciones públicas se substancia consulta previa por plazo de 15 días naturales al objeto de que cualquier vecino o ciudadano pueda formular la sugerencias o propuesta que tenga por convenientes.

 


<<  Anterior  | 1  | 2  | 3  | 4  | 5  | Siguiente  >>